Benvida

Xanela Ocio nace no ano 2012, creada por mozos e mozas con moitas gañas de traballar e con formación en ámbitos relacionados co lecer, tempo libre e desenvolvemento social.

Somos mestres e mestras, monitores e monitoras de tempo libre, animadores e animadoras socioculturais e deportivos…

Coas nosas actividades pretendemos…

 

  • Realizar actividades que fomenten o bo aproveitamento do tempo de lecer para todos os sectores da poboación.

  • Promover o desenvolvemento intelectual dos nenos e nenas e o envellecemento activo dos nosos maiores.

  • Promover o desenvolvemento artístico, a imaxinación e a creatividade.

  • Realizar actividades lúdicas que promovan e fomenten as tradicións populares de Galicia.

  • Realizar obradoiros para o traballo de valores, a igualdade e o respeto mutuo.